NOIA> A actuación, financiada polo Concello, permitiu recuperar ás ruínas dunha antiga fábrica de motores.
A finais desta semana daranse por rematadas as obras de recuperación do bordo litoral da zona de Barro. O Concello confía en que o resultado da actuación, sufragada con fondos municipais, sexa do agrado de veciños e visitantes. E a vista está. A zona converterase con seguridade nun lugar de gran atractivo turístico.
O proxecto permitiu ademais a recuperación e posta en valor dunha antiga fábrica de motores mariños.
A actuación verase complementada tamén no futuro cunha proposta para a instalacións de paneis informativos e mesmo a exposición de motores que recollan a antiga actividade realizada nese taller e mostren da importancia que esta industria tivo no seu momento na vila.