As autoescolas reabren con estritas medidas de seguridade

PONTEVEDRA> Coa fase dúas as autoescolas reactivan o seu traballo. Durante estes meses paralizáronse por completo todas as probas de conducir e agora toca volver para examinarse o antes posible. Un dos centros que abriron esta semana é a Autoescola Galicia. Ata alí achegámonos esta mañá para saber como está a ser esta volta á normalidade.

Alumnos distanciados nas aulas teóricas, con máscaras e luvas nas prácticas e con estritas medidas de hixiene. Así está sendo a volta das autoescolas. Tras case tres meses pechados, estes centros retoman as clases pero o fan tendo moi presente que aínda estamos na fase dúas.

As autoescolas tiveron que reorganizar todas as clases porque co verán á volta da esquina, son moitos os que se animan a sacarse o carné de conducir nestes momentos.

A moitos dos alumnos, o Covid pillounos a punto de examinarse e agora tócalles poñerse as pilas para reforzar o temario antes das probas.

As probas de conducir volverán na fase 3 e dende a Xefatura Provincial de Tráfico de Pontevedra xa anunciaron que haberá máis cantidade de exames. O obxectivo, recuperar o tempo perdido e poder acelerar de cara á nova normalidade.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí