Pontevedra pechou o 2022 co mesmo número de casos de violencia de xénero que no 2021

PONTEVEDRA> Pontevedra pechou o 2022 co mesmo número de casos de violencia de xénero que no 2021. Así o recolle a Memoria de actuacións da Policía Local nesta materia. Segundo o documento, os axentes realizaron 31 intervencións por este delicto. Dende o concello aseguran que aínda queda moito que facer.

31 intervencións das que 16 acabaron con detidos e outras 15 con persoas investigadas. É o balance que deixou o 2022 na actividade da Policía Local de Pontevedra en materia de violencia de xénero.

Toda esta información está recollida na Memoria de actuacións da Policía Local sobre Violencia de Xénero. Un documento que achega máis datos, como que o 44% dos agresores detectados ten entre 25 e 35 anos. Na actualidade, a Policía Local pontevedresa ten 15 vítimas en protección.

Segundo a memoria, durante o ano pasado a comisaría recibiu 137 chamadas telefónicas relacionadas con posibles delitos de violencia de xénero. Delas, o 15% remataron en dilixencias no xulgado. A maioría destes avisos foron realizados por veciños ou por cidadáns na rúa.

A protección ou o acompañamento da vítima ou o control sobre o agresor e a súa contorna son algunhas das actuacións que realiza a Policía Local en cada un dos casos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí