O PSOE de Pontevedra quere trasladar a feira á Alameda no mes de abril

PONTEVEDRA> Concello de Pontevedra e vendedores ambulantes comprobaron sobre o terreo as posibilidades do traslado da feira ata a Alameda. Hoxe celebrouse un primeiro simulacro no que participaron o concelleiro de Parques e Xardíns, representantes dos vendedores e técnicos municipais. A proba consistiu principalmente en ver como sería a distribución dos espazos, centrándose na colocación dos vehículos dos ambulantes na Alameda. A intención do grupo socialista é que o traslado da feira sexa unha realidade a finais deste mes de abril.

A Alameda de Pontevedra acolleu esta mañá un primeiro simulacro do que sería o traslado da feira a este espazo. O concelleiro de Parques e Xardíns, representantes dos ambulantes e técnicos municipais comprobaron a distribución cubrir as necesidades dos vendedores.

Hoxe centrouse na colocación dos vehículos dos vendedores dentro da Alameda.

A vindeira semana celebrarase un segundo encontro sobre o terreo, desta volta para concretar o espazo que precisa cada posto, así como a súa distribución.

A intención da parte socialista do goberno municipal é que o traslado sexa unha realidade a finais deste mes de abril. Non cre Iván Puentes que os seus socios no executivo, o BNG, vaian frear a decisión.

O edil apuntou tamén que o informe da Policía Local sobre este traslado foi favorable. Unicamente recolleu dúas advertencias a ter en conta, sobre a afección ao tráfico e os aparcadoiros.

Para o BNG, non é o ‘momento máis acaído para facelo’

Pola súa banda, dende o BNG de Pontevedra manteñen a postura que xa anunciaran sobre o traslado da feira á Alameda. A concelleira Anabel Gulías insistiu en que non é o momento axeitado para tomar esta decisión e insistiu en que ten que contar cos informes pertinentes que aseguren a súa viabilidade.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí