O Banco de Alimentos responde á Asociación O Mirador e asegura que fai un reparto de comida equitativo

PONTEVEDRA> A Asociación veciñal O Mirador acusou ao Banco de Alimentos de Pontevedra de non repartir equitativamente a comida. Unha crítica á que respondeu esta mañá o responsable deste colectivo. José Luís Doval asegurou que distribúen todos os produtos baixo criterios obxectivos. Ademais, xustificou a decisión de non entregar nada ao colectivo de Monte Porreiro por non ser esta unha entidade asociada a Banco.