PONTEVEDRA> Sesenta artistas de 28 nacionalidades exporán durante este verán en Pontevedra. Farano no marco da Bienal, que volve á cidade do 21 de xuño ao 30 de setembro despois de quince anos de parón. Co lema ‘Volver a ser humanos. A dor dos demais’, contará con figuras como Olafur Eliasson, Hans Haacke ou Emily Jacir. A través das súas obras, reflexionarán sobre os conflitos que marcan a actualidade.
Despois de 15 anos de parón, a Bienal de Arte volverá a Pontevedra. Será do 21 de xuño ao 30 de setembro coa edición número 32 e coa programación máis global da súa historia.
Tamén exporán nesta Bienal Olafur Eliasson, Hans Haacke ou Susan Philipsz. Sesenta artistas de 28 nacionalidades que reflexionarán sobre a espiritualidade, o amor, a tolerancia e os conflitos d a actualidade, ao redor do lema ‘Volver a ser humanos. Ante a dor dos demais’.
Ata doce espazos da cidade converteranse en escenarios desta Bienal. Son, por exemplo, as Ruínas de San Domingos, os edificios Castelao e Sarmiento do Museo de Pontevedra, o Pazo da Cultura, a igrexa do convento de Santa Clara, a Illa das Esculturas ou a Fundación Manuel Moldes.
O sábado 21 de xuño terá lugar a inauguración oficial. A aposta da Deputación de Pontevedra pola Bienal de Arte é decidida. Tanto é así que xa adiantan que chega para quedar.
Haberá tamén actividades paralelas. Son o ciclo “Cine, arte e guerra”, que ofrecerá miradas pouco convencionais sobre os conflitos bélicos. O programa de artes vivas que proporá semanalmente percorridos por espazos singulares de Pontevedra, Vigo, Ponteareas, Sanxenxo e O Grove con performances, danza, música e accións colectivas. O ciclo de conversas con artistas que se desenvolverá ao longo do máis de tres meses de exposición. E un ciclo de conferencias que convidará aos asistentes a reflexionar sobre os desafíos éticos, culturais e sociais do tempo actual.











