Os hostaleiros maniféstanse en Pontevedra: “Estamos al borde de la quiebra”

PONTEVEDRA> Os hostaleiros de Pontevedra, Poio e Marín volveron a manifestar hoxe na capital da provincia. Fixérono nunha marcha que partiu dende a delegación territorial da Xunta ata a Subdelegación do Goberno. Na manifestación participaron centos de persoas afectadas.

Manifestación multitudinaria a celebrada esta mañá en Pontevedra polo sector da hostalería. Un sector que está vivindo unha situación límite e que hoxe lanzou un berro a todas as administracións.

Os hostaleiros aseguran que eles son o motor da cidade e, por iso, a súa demanda principal está dirixida ao goberno local. O sector esixe a exención e devolución das taxas e impostos municipais do ano 2020, así como tamén a exención das taxas e impostos de 2021.

Se algo quedou claro nesta marcha é que as medidas adoptadas ata o de agora soamente abocará aos hostaleiros ao peche definitivo dos seus locais.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí