PONTEVEDRA> As festas da Peregrina de Pontevedra xa teñen pregoeiro. O chef Pepe Solla será o encargado de poñer en marcha unha das festas máis atípicas dos últimos anos pola crise da Covid. O acto levarase a cabo este sábado ás 12:00 horas no palco de música da Alameda.
El será o encargado de poñer en marcha as Festas da Peregrina. O cociñeiro Pepe Solla converteuse no pregoeiro dunha festas que quedarán na memoria de todos. Unha celebración diferente tras a crise da Covid pero igual de importante para todos os pontevedreses.
Ademais de polo seu prestixio profesional, Pepe Solla foi elixido como pregoeiro deste ano polo seu labor durante o confinamento. O cociñeiro do Grupo Nove demostrou ter unha inmensa solidariedade axudando aos que máis o necesitaban no comedor de San Francisco.
E como este ano, tras a crise da Covid, nada é igual a outros veráns, o Concello de Pontevedra decidiu mudar o escenario tradicional da lectura do pregón. Pepe Solla estreará o palco da música da Alameda este sábado ás 12:00 horas. O fará, iso si, sen guitarra.
Pepe Solla xogou un papel moi importante durante a crise da Covid e agora volverá a ser fundamental nas festas máis populares da cidade. E aínda que o cociñeiro asegurou hoxe non ter nada escrito polo de agora, o que está claro é que fará o pregón co mesmo cariño e entusiasmo que pon en cada un dos seus pratos.