O PPdeG critica a xestión de Carmela Silva ao fronte da Deputación

Pontevedra> Dende o PP Galego criticaron, unha vez máis, a xestión que na Deputación está levando o goberno bipartito, especialmente a de Carmela Silva. Os populares cren que a presidenta se debería centrar na execución dos orzamentos provinciais e en activar as obras paralizadas nos últimos meses. Dende as filas do PP de Galicia criticaron esta mañá a xestión de Carmela Silva ao fronte da Deputación. Os populares consideran moi grave que a presidenta non reciba a moitos alcaldes da provincia, alcaldes, que dixeron, están preocupados pola parálise política na que se atopa a deputación. Dende o PP cren que chegou o momento de deixar de crear campañas e de dar explicación, e que o primeiro que tería que explicar a presidenta é o grao de execución orzamentaria que levan executado neste primeiro semestre do 2017. Dende o PP consideran que a parálise nas obras da provincia é algo evidente e que, polo tanto, o Goberno de Silva debe dar explicacións e poñerse a traballar polo ben da provincia. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/05maio/16/criticas_pp_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/05maio/16/criticas_pp.mp4{/flowplayer}