Pontevedra> A Coordinadora Estatal en Defensa das Pensións convocou unha concentración nesta xornada na Praza de España. Alí a mensaxe era clara, os pensionistas non poden estar baixo o umbral da pobreza e o Gobero de Mariano Rajoy ten que subir as pensións conforme ao IPC, que é o que realmente sube á vida a cada persoa.
Os pensionistas saíron á rúa nesta xornada para solicitar e demandar un sistema de Pensións da Seguridade Social garantizados polos Presupostos Xerais do Estado, restablecer a idade ordinaria de xubilación aos 65 anos, a recuperación do subsidio para maiores de 52 anos, a derrogacións das reformas do 2011 do PSOE e do 2013 do PP, igualdade na contía das pensións de homes e mulleres.
A mensaxe que querían enviar todos os que asistiron a esta mobilizacións, pensionistas e tamén xente moza, foi clara.
Con este berro dende a rúa loitan contra esa suba do 0,25 por cento nas pensións. Piden que se traten por igual e polo tanto que a suba das pensións ten que estar en igualdade co IPC.