A IX edición do Armadiña Rock xa quenta motores

Pontevedra> Combarro xa está listo para acoller unha noiva edición, e xa van 9, do Armadiña Rock. Unha cita que se desenvolverá do 25 ao 27 de agosto e acollerá concertos da talla de Heredeiros da Crus, Ruxe Ruxe ou Def con Dos. Todos as citas serán de balde, incluída tamén a acampada na Reiboa. Combarro quenta motores para acoller un dos festivais de referencia do panorama musical das Rías Baixas, o Armadiña Rock. Unha cita que este ano reunirá na praza da Chousa a grupos como Heredeiros da Crus, Def con Dos, Ruxe Ruxe ou Fanfarria Taquikardia. Dende a organización deste evento destacaron a mestura de estilos que recolle o mesmo, con blues, rock, ska ou metal. Sen esquecerse dos máis pequenos porque no seo deste armadiña rock hai actividades para todos os gustos e idades, coa celebracións tamén do armadiña Kids. Trátase polo tanto dun festival de balde do que poderán desfrutar todos os membros da familia. Xa o saben os días 25, 26 e 27 de agosto teñen unha cita con esta novena edición deste Armadiña Rock en Combarro.