Pontevedra estreará nova ordenanza de mobilidade en outubro

PONTEVEDRA> O Concello de Pontevedra aprobou hoxe a nova ordenanza de mobilidade e espazos públicos. Unha normativa na que se inclúen as limitacións de velocidade no centro histórico, así como tamén a regulación sobre os patinetes eléctricos.

A Xunta de Goberno local aprobou esta mañá a nova ordenanza de mobilidade e espazos públicos. Unha normativa que será abordada no vindeiro Pleno municipal e que podería entrar en vigor no mes de outubro.

Esta ordenanza xa pasou polo Pleno municipal de febreiro e, tras ser aprobada naquela sesión, abrírase un prazo para presentar as alegacións pertinentes.

Nesta nova ordenanza incorporáronse todas as medidas adoptadas nos últimos anos polo goberno municipal. Por exemplo, neste normativa incluíronse todas as limitacións de velocidade no centro histórico, así como tamén a regulación das bicicletas e patinetes eléctricos.

Con esta nova normativa, todas as vías do rural pasarán a ser de preferencia peonil e, polo tanto, ao igual que no centro da cidade, os maiores de 13 anos que conduzan unha bicicleta ou un patinete deberán circular pola calzada. No caso ir pola beirarrúa, as sancións poden ascender a 200 euros.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí