Comezan as obras de reforzo da cimentación da estación de autobuses de Noia

NOIA> Tralo acondicionamento interior da estación de autobuses de Noia, iniciáronse os traballos de reforzo da cimentación do edificio. A actuación que inclúe tamén a mellora da eficiencia enerxética e illamento térmico ascende a cincocentos mil euros.

As obras da estación de autobuses de Noia suporán unha importante remodelación funcional pero tamén estética desta instalación construída hai máis de trinta anos. Finalizada a primeira fase consistente no acondicionamento interior do edificio, comezaron xa os traballos exteriores de reforzo da cimentación.

O orzamento entre as dúas fases ascende a preto de cincocentos mil euros subvencionados pola Consellería Infraestruturas e Mobilidade.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí