A familia Domínguez vende o grupo a Quirónsalud para garantir a súa continuidade

PONTEVEDRA> A familia Domínguez vende o Grupo Hospitais Miguel Domínguez. Os catro centros pasarán a estar xestionados por Quirón Salud, empresa líder en España. Despois dun ano de negociacións e moitos rumores, o acordo asinouse o pasado venres en Madrid, co compromiso por parte dos novos propietarios de manter os postos dos preto de 350 traballadores do grupo. Segundo explicou o ata o de agora director xerente do complexo, os problemas económicos pesaron na súa decisión.

 

Despois dun ano de negociacións, o grupo pontevedrés Hospitais Miguel Domínguez xa forma parte de Quirón Salud. Ambas empresas pecharon o venres o acordo de compra, que inclúe os catro centros do complexo: Hospital Miguel Domínguez, Centro de Dano Cerebral e Neurociencias, Centro de Rehabilitación e Fisioterapia e o Policlínico.

O mantemento dos postos de traballo é un dos compromisos dos novos propietarios. Segundo explicou o ata o de agora director xerente do grupo, respectaranse os preto de 350 empregos.

 Ningún membro da familia Domínguez estará  no equipo directivo e manteranse os concertos e servizos actuais. O que non desvelaron foi o custo da operación nin o nome doutras empresas que estiveron interesadas na compra do grupo pontevedrés. Si gabaron a importancia dos novos propietarios e recordaron os primeiros anos do Hospital, fundado en 1948.

Quirónsalud xestiona actualmente máis de 40 hospitais en toda España. Ata o de agora, en Galicia só era propietario do Hospital Santa Teresa, en A Coruña.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/10outubro/19/hospital_dominguez.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/10outubro/19/hospital_dominguez.mp4{/flowplayer}