RIANXO> Esta mañá, ó redor das nove, rexistrábase un accidente na autovía do Barbanza, ó seu paso polo concello de Rianxo, a escasos quilómetros da saída en Té, en dirección Ribeira.
Por causas descoñecidas un turismo saíuse da vía, colidindo contra a beiravía.
A condutora, e única ocupante do vehículo, veciña de Ribeira, resultou ferida, con diversos politraumatismos, polo que foi evacuada en ambulancia ó Hospital da Barbanza.
Ata o lugar do accidente desprazáronse varios equipos de emerxencias, Policía Local de Rianxo, efectivos do parque de bombeiros de Boiro e Garda Civil de Tráfico, así como persoal de mantemento e conservación da propia autovía.