O BNG leva ó Parlamento a falla de atraques para as embarcacións de 3ªe 7ª lista en Rianxo

RIANXO> O BNG vén de rexistrar unha serie de iniciativas parlamentarias preguntando a Portos sobre o futuro das embarcacións de terceira e sétima lista no porto de Rianxo. Os propietarios foron advertidos da obriga de retirar os buques atracados na escolleira se non queren recibir sancións.

Nas últimas semanas, a Garda Civil informou ós propietarios das embarcacións de terceira e sétima lista da obriga de retirar os buques atracados na zona da escolleira de Rianxo. Sen maior explicacións nin comunicación oficial por escrito, os propietarios, na súa maior parte xubilados do mar aínda que tamén mariñeiros en activo, vense na obriga de abandonar unha zona na que levaban anos sen alternativa posto que non dispoñen doutras prazas de amarre no porto deportivo.

Malia que a confraría puxo a situación en coñecemento de Portos de Galicia, o ente autonómico non moveu ficha polo que o BNG presentou unha serie de iniciativas parlamentarias interesándose polas causas desta orde que supón un grave prexuízo para máis dunha vintena de rianxeiros.

A escaseza de puntos de amarre, unida á nova prohibición, motivou que algúns mariñeiros estean a levar as embarcacións para casa co fin de evitar multas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí