Rianxo continúa dando pasos cara o saneamento integral do municipio

RIANXO> Hai unhas semanas concluían as obras para a dotación deste servizo básico á aldea de Lustres, na parroquia de Asados. A actuación enmarcábase nas obras do Plan Único da Deputación da Coruña cun investimento duns cen mil euros.

Acompañamos ó alcalde, Adolfo Muíños, a comprobar o resultado das obras levadas a cabo nos últimos meses na aldea de Lustres, e que permitiron a instalación dunha nova rede de abastecemento de auga e tamén de saneamento.

A actuación, enmarcada nas obras do Plan Único da Deputación da Coruña, contou cun investimento duns cen mil euros e beneficiará a unhas vinte vivendas.

O Concello segue a dar os pasos cara o ansiado saneamento integral do municipio. Un dos seus principais eixos de goberno. Así está prevista tamén a realización de novos proxectos en Foxacos, Pousada e Burés, entre outros.

Todas estas actuacións suporán un investimento próximo ós cincocentos mil euros.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí