A Deputación de Pontevedra cumpre xa cos obxectivos marcados na Axenda 2030

PONTEVEDRA> A Deputación de Pontevedra cumpre co 100% dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible de Nacións Unidas. Uns obxectivos que están enmarcados na Axenda 2030. Neste sentido, a institución provincial ten en marcha case 40 proxectos europeos valorados en 30 millóns de euros, e traballa para levar a cabo 16 máis.

A Deputación de Pontevedra cumpre, a día de hoxe, coa Axenda 2030. De feito, a institución provincial ten en marcha, ou en fase de tramitación, un total de 60 proxectos valorados en máis de 40 millóns de euros. A intención con todos eles é  acadar os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible marcados pola ONU.

A Axenda 2030 está composta por 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sostible. Entre eles destaca, por exemplo, a educación de calidade; a igualdade de xénero; a industria, innovación e infraestrutura; ou as cidades e comunidades sustentables. Neste último eixe atópanse o Plan Móvese e o Proxecto Revitaliza. 17 obxectivos que marcan a acción política da Deputación de Pontevedra.

Os proxectos europeos que a Deputación de Pontevedra ten en marcha nestes momentos agrúpanse en 5 grandes áreas: formación e inserción laboral; turismo; medio ambiente; asentamento de poboación no rural e incendios forestais. Con todas estas iniciativas, a institución provincial quere optar ao reparto dos 140.000 millóns de euros que o Goberno de España conseguiu no último Consello Europeo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí