RIANXO> Un veciño de Rianxo denuncia a negativa dun médico a atendelo. O paciente e o facultativo protagonizaron un forte altercado que mesmo obrigou a intervir á Policía Local.
Os feitos denunciados por este veciño aconteceron onte cando, tras ser atendido en enfermería, agardaba a cita co médico. Ante a tardanza e a gran cantidade de pacientes que se acumulaban na sala de espera, o home instou ó facultativo a pasar consulta recibindo unha negativa como resposta.
O cruce de acusacións derivou nun forte altercado que ata obrigou á intervir á Policía Local que se desprazou ó centro de saúde. Luís Figueira, quen pon en dúbida as facultades do médico para desempeñar o seu traballo, optou por marchar sen ser atendido.
Tras este incidente, o rianxeiro presentará unha queixa no servizo de atención ó paciente. Ata o momento, a xerencia da área sanitaria de Santiago Barbanza non tivo constancia do altercado.