MUROS> Os traballos, financiados con cargo a unha partida duns 300 mil euros do POS da Deputación da Coruña, teñen coma finalidade o afianzamento dos paramentos exteriores do edificio e evitar así o seu derrube.
Aínda que falta moito para a súa recuperación integral, para o que será necesario tamén conseguir máis fondos, o executivo muradán estuda xa os posibles usos futuros deste emblemático edificio. Unha das posibilidades que cobra máis forza é convertelo en auditorio.