RIANXO> Conservas Cerqueira investirá preto de 28 millóns de euros na nova factoría que está a construír en Rianxo. A empresa pretende chegar ata os 150 postos de traballo nun prazo aproximado de cinco anos.
Avanzan a bo ritmo as obras da nova nave de Conservas Cerqueira iniciadas hai unhas semanas no polígono de Té. A previsión da empresa é que poida estar operativa xa no 2023 substituíndo á factoría que actualmente ten en Ribeira.
Pero o proxecto previsto para Rianxo é moito máis ambicioso cun importante marxe de crecemento a medio prazo a través do desenvolvemento de novas liñas e a creación de máis postos de traballo ata aproximadamente 150.
Dende o concello amosaron a súa total colaboración coa empresa que marca un antes e un despois para o tecido empresarial rianxeiros. Nos próximos días levarase a pleno a declaración de utilidade pública para poder beneficiarse de importantes vantaxes fiscais.
O alcalde anunciou que na próxima xunta de goberno darase luz verde a outro importante proxecto consolidando así ó polígono de Té como un dos máis puxantes da comarca.