Correlingua regresa cun novo formato que combina os actos presenciais cos virtuais

PONTEVEDRA> Volve o Correlingua, a carreira que cada ano se celebra en diferentes centros educativos da nosa comunidade para reivindicar os dereitos da lingua galega. Nesta ocasión, o evento regresa dunha maneira diferente. A situación sanitaria obriga a celebrar esta edición combinando os actos presenciais cos virtuais.

“Vinte coa lingua” ese é o lema do novo Correlingua. Un evento que chega a súa vixésima edición pero dun xeito moi distinto ao habitual. Con motivo da Covid, a organización tivo que adaptar este evento á nova normalidade. Este ano haberá actos presenciais nunha ducia de colexios de toda a comunidade. Todos eles serán retransmitidos en Youtube.

Esta vixésima edición está dedicada ao alumnado e ao profesorado. As actividades arrancarán o día 5 en Narón e contarán coa participación de diferentes grupos e artistas galegos.

O Correlingua chegará á Cidade do Lérez o día 18 de novembro. O lugar elixido para celebrar este evento é o CEIP de Xeve. Alí estará o grupo gañador do Cantalingua e Luis Caruncho.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí