Homenaxe os bombeiros recoñecidos coa Medalla ao Mérito polo operativo no accidente de autobús de Pedre

PONTEVEDRA> Homenaxe aos bombeiros pontevedreses recoñecidos coa Medalla ao Mérito de Protección Civil de Galicia. Son os cinco que participaron no rescate das vítimas do accidente do autobús en Pedre, no concello de Cotobade, na Noiteboa de 2022. Hoxe foron homenaxeados no parque polos seus compañeiros, pola xunta de persoal e por representantes do Partido Popular e do Partido Socialista.

A actuación que os bombeiros de Pontevedra desempeñaron no accidente de autobús de Pedre na Noiteboa de 2022 valeulles a Medalla ao Mérito de Protección Civil de Galicia.

Santiago Carramal, Rubén Comesaña, Aarón Cruz, César Lago e Marcos Prieto son os cinco bombeiros que participaron neste complicado dispositivo. Recordemos que no accidente faleceron sete persoas.

Hoxe foron homenaxeados no parque de bombeiros de Pontevedra polos seus compañeiros e por representantes da xunta de persoal.

Tamén participaron no acto concelleiros do Partido Popular e do Partido Socialista. Non así do BNG. Unha ausencia que se relacionou co conflito que se mantén aberto entre o goberno local e o persoal municipal.

No fallo das medallas, a Xunta apunta que a acción dos bombeiros pontevedreses superou o nivel de esixencia regulamentaria no cumprimento do seu deber.