A veciñanza denuncia os ‘abusos’ dos bancos e anuncia máis mobilizacións

PONTEVEDRA> A veciñanza de Pontevedra protesta contra os abusos das entidades bancarias. Este mediodía a Federación de Asociacións de Veciños de Pontevedra Castelao comezou o xa anunciado calendario de mobilizacións. Fixérono diante da oficina que Abanca ten na rúa Augusto García Sánchez.

Concentración veciñal para denunciar os abusos da banca sobre a súa clientela. Hoxe comezou o calendario de mobilizacións anunciado pola Federación de Asociacións de Veciños de Pontevedra Castelao.

Enfádanlles as comisión desorbitadas, pero tamén os recortes nos horarios de atención ao público e que para facer moitas operacións teñan que recorrer aos caixeiros.

Hoxe estreáronse cunha protesta diante da oficina que Abanca ten na rúa Augusto García Sánchez, pero dende a Federación aseguran que levarán as súas denuncias a outras entidades.

A intención da Federación é mobilizar tamén ao movemento veciñal de toda Galicia cunha manifestación masiva aínda por concretar.