O BNG considera prioritario o saneamento da Ría de Muros-Noia

NOIA> Para os nacionalistas cómpre actuar con urxencia para darlle solución ós continuos vertidos que a día de hoxe van a parar a ela. De aí que lle soliciten unha vez máis á Xunta unha actuación integral que preserve os seus valores ambientais e marisqueiros.

Para o BNG cómpre actuar con urxencia na mellora dos sistemas de depuración de augas residuais dos concellos que viven na ribeira do río Tambre. Na actualidade son frecuentes os vertidos incontroladdos que van parar ó mar poñendo en serio risco a saúde dos veciños destas dúas comarcas e con ela, tamén a economía local, xa que a Ría segue a ser un dos principais motores económicos pola súa importante riqueza marisqueira.

Precisamente o BNG ten previsto levar ó Parlamento esta problemática. A deputada Rosana Pérez fixo alusión ás iniciativas presentadas polos nacionalistas nestes últimos anos das que a día de hoxe nada se sabe. Segundo ela a ría noiesa está gravemente afectada polo que debe ser incluida pola Xunta na nova convocatoria de fondos europeos para resolver os problemas de vertidos que se producen nela definitivamente.

Na comparecencia tamén tomou parte o presidente de Plataforma en Defensa do Marisqueo na ría de Muros Noia que incidiu tamén na necesidade de actuar con urxencia e porlle fin dunha vez ó problema dos vertidos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí