O Banco de Alimentos precisa da solidariedade de todos os pontevedreses

PONTEVEDRA> O Banco de Alimentos de Vigo e Pontevedra ten xa todo listo para celebrar a Gran Recollida de Alimentos. Un evento que terá lugar do 16 ao 21 de novembro e que este ano é máis importante ca nunca. Iso si, debido as restricións da Covid, esta edición será en formato online.

A Gran Recollida de Alimentos deste ano será en formato virtual. Nesta edición, o evento non terá padriño e os supermercados non se encherán de voluntarios. As restricións da Covid obrigaron ao Banco de Alimentos a mudar o proceso de recollida pero o obxectivo é o mesmo.

Todos os que queiran axudar ao Banco poderán facelo na Gran Recollida de Alimentos a través de dous procesos. O primeiro, levarase a cabo nos propios supermercados.

Outra das formas de axudar ao Banco é a través da súa páxina web. Aquí poderedes mercar cestas solidarias de alimentos.

Se este evento é cada ano imprescindible para o Banco de Alimentos, nesta edición o é aínda máis. O colectivo pontevedrés atópase nestes momentos baixo mínimos. De feito, ata o mes de outubro, o Banco repartiu arredor de 350.000 quilos de comida e actualmente atende xa a unhas 6.000 persoas vulnerables.