PP e PSOE tumban os orzamentos de Pontevedra e Lores recorrerá á cuestión de confianza para aprobalos

PONTEVEDRA> Os votos en contra do PP e a abstención do PSOE tumban os orzamentos de Pontevedra.  A proposta do goberno local non saíu adiante, nun pleno que o alcalde da cidade ata tivo que suspender durante uns minutos polos berros e apupos dos funcionarios e os vendedores ambulantes que ocupaban as bancadas do público. Coa negativa do pleno o nacionalista vai recorrer a unha cuestión de confianza, logo de Reis, para sacar adiante as contas.

O que pasou nos primeiros minutos era a antesala do bronco pleno que viría despois. Desde a bancada funcionarios e vendedores ambulantes tentaron rebenta-la sesión entre berros e insultos ao goberno local e ao alcalde. Lores suspendeu a sesión durante uns dez minutos e advertía:

Coa sesión de novo en marcha, o goberno local defendeu a súa proposta orzamentaria, que supera os 94,7 millóns de euros. As contas máis altas da historia, precisas -dixo o concelleiro de Facenda- para que a cidade non se deteña.

Pero a longa exposición de Raimundo González mantivo esquistadas as posturas dos grupos da oposición. Os socialistas abstivéronse, acusando a Lores e ao seu goberno de falta de diálogo e exceso de imposición.

Os populares entre tanto votaron en contra. Cargou contra a proposta orzamentaria, pero tamén contra o PSOE e Iván Puentes.

Cos orzamentos tumbados, lamentaba o resultado e, sobre todo, a actitude dos socialistas. 

E avanza que convocará para o 8 de xaneiro a cuestión de confianza para sacar adiante o orzamento de 2024.

Esta será a segunda vez nos 24 anos de Lores na alcaldía n a que se recorra a unha cuestión de confianza para aproba-los orzamentos. A anterior foi no 2016, cando o BNG tamén gobernaba en solitario.