PONTEVEDRA> Obxectivo cumprido. Pontevedra pecha a súa etapa de dous anos como sede dos Premios Feroz cun balance máis que satisfactorio. Non só para o concello, tamén para a Asociación de Informadores Cinematográficos de España, os organizadores do certame, que destacan que a integración entre os premios e a cidade foi plena. Facendo desta a edición máis completa da historia dos Feroz. Aínda que a vindeira gala non se celebrará en Pontevedra, dende a AICE explican que o obxectivo é manter os lazos coa cidade, explorando novas vías de colaboración.
Xa recuperada da resaca emocional, Pontevedra fai balance do seu segundo e último ano como sede dos Premios Feroz.
Unha percepción que comparten dende a Asociación de Informadores Cinematográficos de España, organizadores do certame.
A AICE ofreceu hoxe varios datos. A gala foi seguida en directo por unha media de 438.000 espectadores, contou con 77 medios acreditados e foi cuberta por260 xornalistas. E destacou o bo sabor de boca que deixou a cidade aos asistentes.
Pero dende a AICE poñen o foco tamén nas actividades previas que se desenvolveron en Pontevedra. Entre setembro e xaneiro foron 30 e participaron ao redor de 10.000 persoas.
Tanto é así que apostan por manter este vencello coa cidade. O alcalde xa adiantou que os Premios Feroz teñen as portas abertas.











