PONTEVEDRA> O PP de Pontevedra acusa ao concelleiro Tino Fernández de faltar ao respecto a todos os clubs e deportistas da cidade. Faino despois de que o edil socialista definise como “caóticas” as medidas que a Xunta adoptou en relación á este sector.
Así definiu Tino Fernández as medidas de restrición aprobadas pola Xunta de Galicia en relación á actividade deportiva. Unhas críticas do concelleiro de Deportes de Pontevedra que non foron pasadas por alto polo PP. O edil Guille Juncal compareceu hoxe en rolda de prensa para denunciar a actitude do tenente de alcalde.
O popular asegurou hoxe que permitir a práctica do deporte federado é unha decisión razoable e xustificada xa que a taxa de incidencia do virus neste sector é inferior ao 0,3%.
Guille Juncal cre que o edil de Deportes está a ter un tratamento “inxusto e criminalizador” cos clubs e deportistas da cidade e por iso esixiu hoxe a Tino Fernández que rectifique e que non utilice o seu cargo como un instrumento de confrontación.