PONTEVEDRA> A Deputación de Pontevedra achegará o 1% dos seus orzamentos aos sectores máis afectados pola pandemia. En total, a administración provincial destinará máis dun millón 600 mil euros. As axudas serán directas e finalistas.
A Deputación de Pontevedra levará a cabo un novo plan de axudas dirixido aos sectores máis afectados pola pandemia. Este programa irá a debate no vindeiro pleno extraordinario, que terá lugar o venres día 12. A intención do goberno provincial é aprobar un suplemento de crédito para achegar aos concellos o 1% dos seus orzamentos. Unha porcentaxe que se traduce en 1 millón 640 mil euros.
Esta decisión por parte da administración provincial chega despois de non conseguir o popular acordo entre a Xunta, a Fegamp e as Deputacións.Algo que foi criticado así hoxe por Carmela Silva.
A este millón 640 mil euros hai que sumar os outros 6 millóns que a Deputación xa habilitara a través da liña 1 do Plan Concellos.
O reparto deste diñeiro farase baixo un criterio obxectivo de poboación entre os diferentes Concellos. Cabe destacar tamén que as axudas serán directas e finalistas para os sectores afectados.