PONTEVEDRA> A hostalería está a pasar por un dos momentos máis críticos de toda a pandemia. Así e todo, nos momentos máis duros medra sempre a solidariedade. Un local pontevedrés iniciou hoxe unha nova campaña: repartir un café e un bolo gratis entre os máis necesitados.
Din que nos momentos máis duros, a solidariedade é a única arma que temos e senón que llo digan ao propietario deste local pontevedrés. A hostalería pasa actualmente por unha das etapas máis complicadas de toda a pandemia, e aínda así, o Hama Bar decidiu poñer en marcha unha iniciativa solidaria: repartir un café e un bolo gratis entre as persoas máis necesitadas.
A iniciativa púxose hoxe en marcha e levarase a cabo ata o venres. O propietario do Hama Bar anima a xente a achegarse ata aquí para recoller o seu café solidario. O horario para facelo é de 9:00 a 12:00 horas.
O Hama Bar foi un dos primeiros locais en Pontevedra en reabrir as súas portas na desescalada pero agora este establecemento permanece pechado ao público.
Luís agarda que esta iniciativa chegue a todas as persoas que realmente o necesitan e non descarta prolongala ata o 17 de febreiro se ten boa acollida.