As farmacias pontevedresas únense a Sanidade nun cribado poboacional pioneiro

PONTEVEDRA> As farmacias de Pontevedra colaboran co Sergas para poñer en marcha un novo cribado poboacional na provincia. A proba está dirixida a cidadáns de entre 40 e 64 anos, e comezará mañá en seis establecementos, tres deles na capital pontevedresa. A intención é estendelo xa a vindeira semana á rede de farmacias que se adhiriron voluntariamente ao programa, máis de 200 en toda a provincia.

As farmacias da provincia de Pontevedra únense á Consellería de Sanidade para desenvolver un cribado poboacional pioneiro. Máis de 200 participarán de xeito voluntario na iniciativa, que ten como obxectivo localizar os asintomáticos.

De entrada, o cribado diríxese a unha poboación diana de entre 40 e 64 anos, preto de 100.000 persoas na provincia de Pontevedra.

A iniciativa comezará mañá en seis farmacias da provincia: tres na capital e tres na cidade de Vigo, pero está previsto que se estenda a vindeira semana a establecementos de todo o territorio pontevedrés.

A previsión é que este tipo de cribados se estendan aos colexios de farmacia de toda Galicia.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí