Atopan unha poza en mal estado no cruzamento de Benito Corbal e Daniel de la Sota

PONTEVEDRA> O Concello de Pontevedra informou hoxe da aparición dunha poza no cruzamento de Benito Corbal con Daniel de la Sota. Un feito que obriga a realizar unha reforma integral para así cambiar a rede de saneamento. Os traballos terán un custe de 20.000 euros e obrigarán a aprazar dúas semanas as obras.

Imprevisto na obra do cruzamento de Benito Corbal con Daniel de la Sota. Durante o traballo de demolición do asfaltado, os operarios atoparon un pozo en mal estado. Un feito que obriga agora a ampliar o proxecto inicial.

Co obxectivo de solucionar este problema, o Concello levará a cabo unha reforma integral na zona e procederá á renovación da rede de saneamento.

O Concello está a tramitar estas obras por urxencia e prevé que a actuación se demore dúas semanas. O orzamento destes novos traballos supera os 20.000 euros.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí