Etiqueta Negra, o gran escaparate de Galicia para o produto gourmet ‘do país’

PONTEVEDRA> Hoxe botou o peche en Pontevedra a feita Etiqueta Negra. A cidade converteuse durante tres días na capital gourmet de Galicia. Con 80 expositores e distintos espazos de de catas e degustación, o evento serviu de reclamo para milleiros e milleiros de persoas. Moitos deles, profesionais do sector da hostalería, pero tamén moitos particulares amantes do bo comer.

O tempo pasa voando dentro da Feira Etiqueta Negra, en Pontevedra. E non é para menos: aquí hai ata 80 postos nos que facer parada e en todos, algo que escoitar… ou que degustar. Hoxe foi o derradeiro dos tres días deste evento, todo un referente para os produtos gourmet de Galicia.

A maioría deles repiten ano tras ano e non perden a oportunidade de participar. Outros estreánse neste 2023. É o caso deste posto no que atopamos galletas cunha receita típica da Ribeira Sacra.

Nesta derradeira xornada, estudantes de toda Galicia achegáronse a Etiqueta Negra. A maioría son do sector da hostalería, pero tamén os hai, entre outros, do sector da administración ou dirección de empresas.

Os vendedores poñen en valor a importancia de Etiqueta Negra para promocionar e levar o seu produto un paso máis alá. Destacan a importancia do público especializado e profesional, sen descoidar o público xeral.

Ademais dos postos, a feira ofreceu durante toda as tres xornadas charlas, catas ou degustacións nos seus distintos espazos complementarios. Por exemplo esta mañá, puidemos asistir a unha introdución ao mundo da cervexa artesal, que deixou a máis de un con bo sabor de boca.