O foro “As mulleres que opinan son perigosas” regresa a Pontevedra con 12 relatorios e 7 horas de debate

PONTEVEDRA> 16 mulleres, 12 relatorios e 7 horas de debate. Así será a cuarta edición do encontro “As mulleres que opinan son perigosas”. Un foro promovido polas xornalistas Susana Pedreira e Diana López que terá lugar o 5 e o 6 de marzo.

O foro “As mulleres que opinan son perigosas” regresa a Pontevedra coa súa cuarta edición. Con motivo da Covid, o encontro volverá a ser telemático por segundo ano consecutivo. O evento terá lugar o 5 e o 6 de marzo, converténdose así na antesala do 8M.

Esta edición contará con 16 mulleres convidadas, 12 relatorios e ata 7 horas de debate. Polo foro pasarán xornalistas como Esther Palomera, Pilar Álvarez ou Almudena Ariza. Ademais, o evento contará tamén con dúas pontevedresas: Belén López e Montse Fajardo, e con dúas galardoadas cos premios Pulitzer.

No foro haberá oco para a ciencia, o fotoxornalismo, a memoria e o humor. Temáticas que volverán a poñer de manifesto a importancia e a necesidade de realizar eventos coma este.

O foro “As Mulleres que opinan son perigosas” poderá seguirse nas canles do Concello e da Deputación. Ademais, todos os que queiran intervir poderán facelo inscribíndose nas webs de ambas administracións. O prazo remata o 4 de marzo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí