Tino Fernández: “Non podemos abrir as instalacións deportivas porque iso sería unha irresponsabilidade”

PONTEVEDRA> O concelleiro de Deportes de Pontevedra recibiu nas últimas horas numerosas críticas por manter pechadas as instalacións deportivas da cidade. Unhas críticas que foron manifestadas onte neste mesmo informativo por varias familias. Ante a súa petición de que os nenos poidan volver a xogar ao fútbol, Tino Fernández respondeu hoxe así de contundente.

Esta é a resposta de Tino Fernández ás críticas recibidas nas últimas horas por manter pechadas as instalacións deportivas da cidade. O Concelleiro de Deportes cre que volver a abrilas ante a situación sanitaria que está a vivir Pontevedra sería unha insensatez e unha irresponsabilidade.

A pesar das críticas, Tino Fernández segue insistindo en que soamente reactivarán aquelas actividades deportivas onde haxa un plan de competición.

Ante a demanda dalgúns pais de que se permita aos nenos e nenas pontevedreses adestrar ao fútbol mentres non se reactive a competición, o concelleiro é contundente: se os rapaces queren practicar deporte poden facelo noutras zonas da cidade.

O concelleiro de Deportes está convencido de que a meirande parte dos clubs da cidade entenden esta decisión. Proba disto é que non hai ningunha petición por escrito para que se reabran as instalacións deportivas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí