PONTEVEDRA> En marcha unha nova convocatoria da Aceleradora Ría de Pontevedra. A iniciativa, posta en marcha pola Asociación de Jóvenes Empresarios co apoio de ENCE, busca impulsar o emprendemento nos concellos de Pontevedra, Marín e Poio. Está dirixida a proxectos sostibles e innovadores cun máximo de tres anos de actividade. O prazo para inscribirse abre mañá martes 12 de maio.
Mañá martes 12 de maio ábrese unha nova convocatoria para participar na sexta edición da Aceleradora Ría de Pontevedra. O programa busca fomentar o emprendemento nos concellos de Pontevedra, Marín e Poio.
A iniciativa, posta en marcha pola Asociación de Jóvenes Empresarios co apoio de ENCE, buscará unha vez máis proxectos sostibles e innovadores. A convocatoria está dirixida a persoas emprendedoras e a empresas cun máximo de tres anos e medio de actividade.
Nas cinco convocatorias anteriores, pola aceleradora pasaron xa 61 proxectos.
O 100% dos emprendementos da edición pasada continúan activos. Dende a organización explican que o obxectivo é dar resposta aos retos que afrontan os emprendedores durante os seus primeiros 42 meses de actividade.
O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 29 de maio.











