PONTEVEDRA> Unha empresa de Pontevedra exporta a súa arte a todo o mundo. Dende a súa nave en Mourente, Pablo Méndez Performance dedícase á produción de espectáculos creativos para infinidade de eventos. Só o ano pasado levaron a cabo máis de 500 actuacións por todo o mundo, un exemplo segundo o alcalde pontevedrés do tipo de emprendemento que caracteriza ás cidades 4.0.
O ano pasado máis de 500 actuacións que se realizaron en diferentes partes do mundo levaron selo pontevedrés. A empresa Pablo Méndez Performance exporta talento dende a súa nave de Mourente. Sempre presumindo de Pontevedra.
45 traballadores forman esta compañía, que xa se ten situado como a primeira galega neste sector e unha das maiores produtoras de espectáculos no estado.
Para o alcalde pontevedrés, o traballo de Pablo Méndez Performance é un exemplo de emprendemento na sociedade actual, cunha empresa enmarcada na industria cultural que debe caracterizar ás cidades 4.0.
Por exemplo, en Pontevedra vímolos actuar durante a inauguración do Mundial Multisport 2019, cos seus artistas como protagonistas do espectáculo inaugural na praza de España.