O BNG pide á Xunta que habilite axudas para compensar as perdas da mortaldade do marisco

BARBANZA> O BNG levará ó Parlamento unha iniciativa a través da cal lle solicita á consellería do Mar a adopción dun paquete de medidas para compensar a alta mortaldade de marisco nas praias durante os pasados temporais.

Non é un único caso. Ó longo da costa son moitas as confrarías de pescadores afectadas por este problema derivado da alta mortaldade de marisco nas súas concesións. O BNG pídelle á Xunta medidas extraordinarias urxentes para paliar esta situación que afecta a moitas familias que viven directa ou indirectamente do marisqueo.

Segundo a nacionalista, a elevada mortaldade de marisco nas praias, vense a sumar a unha xa de por si delicada situación do sector a consecuencia da covid.

O BNG tamén reclamará un estudo para analizar as posibles incidencias da presa de Portodemouros na Ría de Arousa e a súa posible afección no marisco morto.