A Mancomunidade do Salnés forma a 17 alumnos no manexo de minicargadoras e retroescavadoras

CAMBADOS> A mancomunidade do Salnés forma a 17 alumnos do plan integrado de emprego no manexo de minicargadoras e retroescavadoras. O participantes remataron hoxe as prácticas tras 70 horas de formación. Destaca de novo a participación feminina cun 25%.

A Mancomunidade do Salnés, a través do seu plan integrado de emprego, puxo en marcha unha nova edición do curso de manexo de minicargadoras e retroescavadoras. Neste taller participaron 17 alumnos e se formaron durante 70 horas.

Mediante este curso, os participantes aprenderán todo o necesario para manexar as minicargadoras e as retroescavadoras.

Como xa é habitual nos cursos do plan integrado de emprego, a presencia de mulleres aumenta en todos os curso, incluso naqueles onde tradicionalmente escaseaba a participación feminina.

O plan integrado de emprego permite aos alumnos aumentar a súa formación en diferentes campos. O que permite aumentar as súas posibilidades de inserción laboral.

A Mancomunidade do Salnés realizará convenios coas empresas para que os participantes poidan continuar coas prácticas no sector privado. Co obxectivo principal de que demostren as súas destrezas e sexan contratados.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí