O SALNÉS> O turismo ‘slow’ centrou o paso da Mancomunidade do Salnés por Fitur. A comarca presentouse como un destino no que poder escapar da rutina e desconectar. Dende o organismo comarcal explican que este produto turístico permite ao visitante mergullarse con calma nas orixes de todo o que ofrece O Salnés.
Nun mundo no que to mdo vai ás présas, O Salnés propón en Fitur vivir a comarca con calma. A Mancomunidade presentouse na Feira de Turismo como un destino ‘slow’.
Experiencias con calma e que permiten ao visitante mergullarse nas orixes do destino.
Dentro da presentación das ‘Experiencias Slow no Salnés’ proxectáronse dous vídeos que convidan ao visitante a descubrir a comarca sen présas e a lume lento. Na campaña tamén se fai fincapé no slow business, dirixida a aquel visitante que non pode desatender as súas obrigas laborais, pero que quere desconectar.
A Mancomunidade está a traballar neste produto pensando xa no máis inmediato, pero con vocación de futuro, entendéndoo como unha ferramenta desestacionalizadora.
No acto en Fitur estiveron representados os nove concellos da comarca, coa presenza de practicamente todos os alcaldes, así como distintos concelleiros. Contou tamén coa presenza do presidente da Deputación, Luis López.











