A provincia de Pontevedra rolda os 1.400 casos de violencia machista no que vai de ano

PONTEVEDRA> Aumenta o número de casos de violencia de xénero na provincia de Pontevedra. Nestes momentos hai case 1.400 casos activos. Dende o CIM da Mancomunidade do Salnés, a subdelegada do goberno central na provincia, apuntou que os casos de violencia machista tamén aumenta na comarca, que contabiliza nestes momentos uns 200.  Maica Larriba indica que este increménto débese a que cada vez máis mulleres se atreven a da-lo paso e denuncia-la súa situación.

Os datos de violencia de xénero cada vez son máis preocupantes. Segundo o goberno central, estase a producir un incremento xeneralizado en todo o estado. A provincia de Pontevedra non é unha excepción, cun repunte de casos nos primeiros oito meses deste 2022, en comparativa co mesmo período do 2021. Hai nestes momentos, segundo datos oficias, 1386 casos activos. A subdelegada do executivo central na provincia cre que esteaumento débese a que cada vez son máis as mulleres que dan o paso e denuncian.

Dende o CIM da Mancomunidade do Salnés, Maica Larriba ofreceu tamén o dato da comarca, onde a cifra tamén aumenta. Nos nove concellos, hai nestes momentos uns 200 casos.

Datos ofrecidos durante unha visita a estas instalacións, onde a subdelegada anunciou a transferencia de 87.000 euros aos nove concellos da Mancomunidade por parte do Ministerio de Igualdade.

Ademais, a subdelegada do goberno en Pontevedra aproveitou para lembrar que o executivo de Pedro Sánchez transferiu a Galicia 4,7 millóns de euros para a posta en marcha de catro centros de asistencia integral 24 horas para vítimas de violencia de xénero. Pediulle á Xunta a que execute canto antes eses fondos, porque eses centros -aclarou- teñen que entrar en funcionamento antes de que remate o 2023.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí