Cambados inviste 150 mil euros na reforma completa da rúa Sevilla e os seus sumidoiros

CAMBADOS> O concello de Cambados remata as obras de urbanización da rúa Sevilla. O proxecto incluíu na reforma a construción das beirarrúas, a mellora da calzada e a creación dunha rede mista que separe os sumidoiros de fecais e pluviais. A intervención tivo un custo de 154 mil euros.

A rúa Sevilla de Cambados presenta un aspecto totalmente diferente que anteriormente. A obra realizada polo concello, coa financiación do plan concellos, permitiu renovar por completo a imaxe da rúa.

A obra estaba programada para o ano pasado, pero decidiuse pospoñela para realizar unha reforma integral de todas as redes soterradas, duplicando o orzamento ata os 150 mil euros.

A obra tiña un prazo de execución de 3 meses que non se cumpriu. O motivo foi que a as entradas das casa non estaban todas ao mesmo nivel, o que obrigou a realizar reformas para adaptalas.

A reforma incluíu a sinalización da rúa. Dende o concello sinalan que o resultado é moi satisfactorio, especialmente para os veciños, pero tamén para os visitantes, xa que se trata dunha rúa moi transitada pola súa proximidade á praza de Fefiñáns.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí