Vilanova recibe aos primeiros 50 visitantes do programa ‘Elixe Galicia’

VILANOVA> Vilanova recibe aos primeiros visitantes do programa Elixe Galicia. Cada semana preto de 50 persoas achegaranse á vila procedentes de diferentes puntos de Galicia. O obxectivo é fomentar o turismo e incentivar o consumo nos negocios locais.

A xunta de Galicia puxo en marcha o programa Elixe Galicia. Unha iniciativa destinada a fomentar o turismo por toda a nosa comunidade. Entre os itinerarios dispoñibles atópase Vilanova de Arousa. A vila recibiu hoxe aos seu primeiros 50 visitantes.

Para Vilanova participar neste proxecto ten dous obxectivos fundamentais: o primeiro é incentivar o consumo nos negocios da vila e o segundo dar a coñecer Vilanova.

Dende o goberno local sinalan que coa mellora da situación sanitaria é o momento de desenvolver iniciativas para incentivar a economía local, especialmente nos sectores que peor o pasaron como a hostalería e o turismo. As previsións do concellos son moi positivas.

Os visitantes continuarán achegándose a Vilanova unha vez por semana. A súa estancia será dun día percorrendo todo o municipio. As diferentes rutas de Elixe Galicia tamén inclúen máis paradas noutros puntos da comarca do Salnés.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí