Cambados, anfitrioa do terceiro encontro de Vilas Máxicas de España

CAMBADOS> Cambados acollerá nesta fin de semana o terceiro encontro de Vilas Máxicas de España. Nel van participar representantes dos máis dun cento de municipios que intregran esta rede. Vai haber iniciativas orientadas ao sector turístico e a hostalería e tamén distintas presentacións. Entre elas, unha guía das 17 rutas máxicas por España, das que Cambados participa en dúas.

Cambados forma parte da rede de Vilas Máxicas de España dende o ano 2019. Agora, o municipio será o anfitrión do terceiro encontro de vilas máxicas. Un evento que se vai celebrar esta fin de semana e no que están convocados representantes das máis de 130 localidades que forman parte da iniciativa. Ao mesmo tempo celebrarán a súa asemblea anual de socios.

O encontro arranca xa o venres, pero o sábado será a xornada principal con programación ao longo de todo o día. A mañá estará orientada a profesionais do turismo e a hostalaría e pola tarde tres obradoiros. Aproveitando, ademais, para facer balance cos asociacidos da acción levada a cabo no 2023. Todo baixo o lema “un futuro, accións vivas”.

O domingo, malia a mala previsión meteorolóxica, organizarase unha ruta guiada polo conxunto patrimonial de Cambados.

Nesta fin de semana aproveitarase tamén para presentar esta guía, onde se recollen as 17 rutas máxicas de España, dúas delas discorren tamén por Cambados.

Ademais de Cambados, tamén forman parte desta rede Combarro, así como O Vicedo e Portomarín, na provincia de Lugo; e Larouco, A Pobra de Trives e Ribadavia, na de Ourense.