Comeza o cribado preventivo entre mozos de Pontevedra, Poio, Sanxenxo, Cambados, O Grove e Marín

PONTEVEDRA/O SALNÉS> O SERGAS comezou hoxe un cribado preventivo entre o alumnado de bacharelato de varios centros educativos da área sanitaria de Pontevedra e O Salnés. Preto de 2.700 alumnos serán sometidos a probas PCR en Pontevedra, Poio, Sanxenxo, Cambados, O Grove e Marín. Estes municipios foron escollidos atendendo á súa situación epidemiolóxica. Non se descarta que se amplíe a outros, como Vilagarcía.

Dende hoxe a ata mediados de mes, 2.700 alumnos da área sanitaria de Pontevedra e O Salnés someteranse ás probas PCR do cribado preventivo do SERGAS. Son estudantes de primeiro e segundo de bacharelato de institutos  de Pontevedra, Poio, Marín, Sanxenxo, Cambados e O Grove. Estes concellos foron seleccionados atendendo á incidencia do virus.

Porque eses municipios preocupan especialmente dentro da área sanitaria, en base ó número de positivos. Especial atención quere poñer o SERGAS nesa franxa de idade, onde se detecta unha incidencia acumulada elevada.

Agora, a través das PCR, o que se pretende é detectar o maior número posible de portadores asintomáticos, o que permitirá reducir a cifra de contaxios.

O SERGAS non descarta estende-lo cribado a outros 800 alumnos de centros educativos de Vilagarcía de Arousa e naquelas localidades nas que a situación así o requirise.

O cribado estase levando a cabo en coordinación coas Consellerías de Sanidade e Educación, a través dunha colaboración voluntaria dos centros educativos afectados.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí