As ‘Rúas Musicais’ regresan á programación do verán de Ribeira

RIBEIRA> Celebraranse un total de 15 concertos repartidos entre as nove parroquias do municipio. A actividade, que está organizada pola concellería de Cultura e a empresa Musieventos, arrancará na tarde do sábado 19 de xuño coa actuación de Thais Suki, en Artes.

O éxito da primeira edición fai á concellería de Cultura de Ribeira a volver a apostar polo programa ‘Rúas Musicais’. A actividade, que o Concello desenvolve en colaboración coa firma Musieventos, ten unha dobre finalidade, por unha banda encher de animación e música as principais rúas e prazas do Concello e das distintas parroquias, e por outra a promoción dos grupos locais.

En total ofertaranse quince concertos, na súa maioría os domingos ó mediodía, en formato de sesión vermú. O primeiro deles xa o vindeiro sábado 19 de xuño no centro recreativo de Artes a cargo de Thais Suki, prolongándose ata o 12 de setembro.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí