Boiro prepárase para ‘Un Nadal de ensoño’

BOIRO> A concellería de Cultura de Boiro deseñou un amplo programa de actividades para o Nadal que terá ós nenos como principais protagonista. A oferta municipal compleméntase con numerosas actividades organizadas polo tecido asociativo.

Baixo o lema ‘Un Nadal de ensoño’, o departamento de Cultura deseñou un programa de actividades do máis variado para estas datas, nas que os nenos serán novamente os protagonistas. A través deste programa o que se busca non é máis que a dinamización cultural.

Entre as actividades máis destacadas figura a ‘Carpa dos Soños’, que se situará na praza do Concello e que acollerá a partir do día 23 a maioría dos espectáculos programados.

Nesta mesma ubicación estará tamén a ludoteca, aberta estes días de Nadal de cinco a sete da tarde. Para acceder só hai que presentar un ticket de compra por importe superior a 20 euros en calquera establecementos do municipio.

Como vén sendo habitual volverá a organizarse o Campamento Urbano de Nadal e realizarase tamén un mercado de nadal no local multiusos do Mercado Municipal.

Dende o Concelo agradeceron tamén a colaboración de numerosas asociacións locais que durante estas datan promoven diversas actividades, como pode ser a Cabalgata de Reis organizada pola Asociación de Veciños de Santiago de lampón, ou os festivais organizados por colectivos como a Escola de Música, Xilbarbeira, Abeloura ou as Amas de Casa.