As adegas e a hostalería de Barro únense para celebrar unha Festa do Viño adaptada á pandemia

BARRO> Barro celebrará unha festa do viño diferente adaptándose á situación sanitaria. Dende hoxe ata o día 27, en nove locais da vila ofertaranse os viños das catro adegas do municipio. Os clientes que proben algún dos caldos entrarán no sorteo dun lote completo de todos os viños. Para as adegas é unha oportunidade para dar a coñecer os seu produto e reactivar as súas vendas.

A situación sanitaria leva a concello de Barro a evitar as masificacións pero non a cancelar os seus festexos. A vila celebrará a festa do viño pero adaptándose á situación sanitaria. Dende o día hoxe ata o día 27 poderanse degustar os caldos elaborados polas adegas de Barro nos nove locais adheridos.

o concello lanza esta campaña conxunta entre as adegas e a hostalería para reactivar ambos sector. Para as adegas é unha oportunidade para mostrar os seus viños.

Cada unha delas ofrece un ou dous viños xa sexan albariños ou caíños.

Os clientes que proben os viños nalgún dos locais adheridos entrarán no sorteo dun lote completo de todos os viños participantes na festa. Os boletos repartiranse un por cada vaso e seis por cada botella. Cada bar sorteará o seu propio lote.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí