O executivo muradán aproba os presupostos para o ano 2013

plenopresupostosmuroscpia.jpgMUROS> O documento orzamentario ascende a uns 6’6 millóns de euros, unha cantidade semellante ó presuposto do exercicio anterior.

{flowplayer}barbanza/plenopresupostosmuros.flv{/flowplayer}

O goberno do Partido Socialista de Muros logrou sacar adiante o documento orzamentario para o vindeiro ano 2013 grazas ós seus votos e a abstención do Partido Popular. O grupo de non adscritos votou en contra. A alcaldesa, Caridad González, afirmou que se trata duns presupostos realistas e austeros, ascenden a uns 6’6 millóns de euros, unha cantidade semellante á do exercicio anterior, acordes cos tempos actuais e que teñen como principal finalidade dar resposta ás necesidades dos veciños. Segundo ela subiranse partidas como as de Cultura e Servizos Sociais, e faranse reservas no propio orzamento para a próxima construción da gardería municipal de Esteiro e a para facer fronte á demolición do edificio Sertaches. Este punto foi ademais o máis polémico da sesión, e os grupos criticaron ó equipo de goberno pola súa xestión neste asunto.

Outros investimentos

Dende o executivo destacaron tamén unha importante partida incluída no documento orzamentario duns 70 mil euros para as obras de ampliación e mellora do Portiño. Unha actuación a medio facer que deixara pendente o goberno anterior, así como tamén unha reserva dunha subvención para sacar adiante o centro cultural de Esteiro.

Aprobación POS 2013

Con anterioridade a corporación municipal aprobou por unanimidade dos tres grupos as obras a incluír no Plan de Obras e Servizos, POS 2012, da Deputación da Coruña. A maioría das actuacións gardan relación coa dotación dos servizos básicos, pavimentacións e instalación de abastecemento de auga e saneamento, fundamentalmente esta última, seguindo a liña do equipo de goberno de cara a acadar o saneamento integral do concello. Na relación de obras a realizar figuran os saneamentos na Virxe do Camiño e no Camiño do Seixo, e as pavimentacións dun total de cinco viais: dous Torea, dous en Tal e un en Esteiro. A cantidade asignada polo organismo provincial a este concello ascende a uns 200 mil euros.

Redacción Barbanza